viernes, 14 de diciembre de 2012

Ilegais?

Dios ke te crew, ese grupo galego de hip hop con esas letras tan realistas. Tiven a oportunidade de coñecer a dous dos seus compoñentes, Sokram e Mou.
O caso é que unha das súas excelentes cancións, titulada "Estranxeiros" inspiroume para facer esta entrada. A canción fala sobre a discriminación e as fronteiras. É máis importante un papel que a dignidade dunha persoa? Existe ese concepto de ilegalidade nunha persoa? Unha persoa non pode ser ilegal, que dereito ten un estado para declarar a alguén como ilegal? O que realmente nos separa son as nosas diferentes culturas, todas válidas, e non as fronteiras. Deberíase ensinar aos nenos dende pequenos a respetar ás diferentes culturas. Pero non, é mellor ensinar que hai que ter máis e máis para ser alguén neste mundo capitalista. E cando unha persoa é de fóra? De fóra de onde? O mundo é de todos.
Aquí deixo o enlace do vídeo:
Grazas por lerme.

No hay comentarios:

Publicar un comentario